martes, 14 de junio de 2011
Nelson Mandela
Javier Ch. expón hoxe un traballo sobre Nelson Mandela.
"Escollín este personaxe porque é esencial no desenvolvemento do continente africano, xa que conseguiu unha victoria democrática nunhas eleccións celebradas con sufraxio universal, unha cousa impensable para os sudafricanos anteriores a Mandela. Ademáis penso que o traballo de Mandela servirá de exemplo para moitos países "pobres ", xa que Mandela loitou polos dereitos humanos e pola súa raza históricamente sometida a escravitude polo simple feito do seu cor de pel".
O seu traballo inclúe un vídeo sobre a liberación de Nelson Mandela:
Javier comenta: Hai numerosos cantantes que se inspiraron en Nelson Mandela para compoñer cancións, entre eles Michael Jackson con "Heal the world".
Esperamos máis aportacións. Deixa en comentarios máis temas musicais que poidamos relacionar con Nelson.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario