Cine, Documentais, Series de televisión, Literatura,... existen centos de exemplos ambientados no conflito armado máis grande e sangriento da historia: a Segunda Guerra Mundial.
O cine está cheo de exemplos (algúns exemplos). E algúns deles xiran en torno a grandes batallas.
Durante a mundalización do conflito e a invasión da URSS destaca unha durísima batalla na fronte oriental: A batalla de Stalingrado, entre xuño de 1942 e febreiro de 1943. Os alemáns sufren a súa primeira derrota: non estaban preparados para o duro inverno ruso (o mesmo que xa sufrira o exército de napoleónico en 1812).
A película de Stalingrado, que recrea esta batalla, conta con fragmentos que reflicten esta dureza.
O final da guerra e a vitoria aliada en Europa na fronte occidental ten unha data de inicio: o día D, o 6 de xuño de 1944, O desembarco de Normandía: as tropas aliadas desembarcan na costa francesa de Normandía e inician unha ofensiva ata chegar a París en Agosto.
Este episodio histórico da comezo ao film de Steven Spielberg Salvar ao soldado Ryan:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario