"La historia que se forja en la vida cotidiana no se puede comprender sin conocer el pasado"
El Estado del Mundo Junior de Akal

miércoles, 15 de junio de 2011

Cal é a orixe da bandeira española?

Coñecida como la rojigualda, foi adoptada con todos os elementos que a compoñen na actualidade o 4 de outubro de 1981.
A constitución de 1978 especifica no su Artículo 4.1: «La bandera de España está formada por tres franjas horizontales, roja, amarilla y roja, siendo la amarilla de doble anchura que cada una de las rojas».
Este diseño ten a súa orixe no Real decreto do 28 de maio de 1785, polo que Carlos III resolve a realización dun concurso convocado para adoptar un novo pavillón (bandeira que indica a nacionalidade nos buques) para Mariña:

"Para evitar los inconvenientes y perjuicios que ha hecho ver la experiencia puede ocasionar la Bandera Nacional de que usa Mi Armada Naval y demás Embarcaciones Españolas, equivocándose a largas distancias ó con vientos calmosos con la de otras Naciones, he resuelto que en adelante usen mis Buques de guerra de Bandera dividida a lo largo en tres listas, de las cuales la alta y la baja sean encarnadas y del ancho cada una de la cuarta parte del total, y la de enmedio, amarilla, colocándose en ésta el Escudo de mis Reales Armas, reducido a los dos quarteles de Castilla y León, con la Corona Real encima; y el Gallardete en las mismas tres listas y el Escudo a lo largo, sobre Quadrado amarillo en la parte superior (...)".
Tendréislo entendido para su cumplimiento. Señalado de mano de S.M. 
En Aranjuez, a veinte y ocho de Mayo de mil setecientos ochenta y cinco

Bandeiras anteriores:





Estandarte dos Reis Católicos 1492














Cruz de Borgoña (bandeira de ultramar 1506-1701, usada irregularmente ata 1793) 














Pabellón de la Armada Española 1701 1785





Enlaces interesantes sobre o tema:

martes, 14 de junio de 2011

Nelson Mandela


Javier Ch. expón hoxe un traballo sobre Nelson Mandela.
"Escollín este personaxe porque é esencial no desenvolvemento do continente africano, xa que conseguiu unha victoria democrática nunhas eleccións celebradas con sufraxio universal, unha cousa impensable para os sudafricanos anteriores a Mandela. Ademáis penso que o traballo de Mandela servirá de exemplo para moitos países "pobres ", xa que Mandela loitou polos dereitos humanos e pola súa raza históricamente sometida a escravitude polo simple feito do seu cor de pel".

O seu traballo inclúe un vídeo sobre a liberación de Nelson Mandela: 



Javier comenta: Hai numerosos cantantes que se inspiraron en Nelson Mandela para compoñer cancións, entre eles Michael Jackson con   "Heal the world". 




Esperamos máis aportacións. Deixa en comentarios máis temas musicais que poidamos relacionar con Nelson.

lunes, 13 de junio de 2011

Totalitarismo-Democracia

Na última actividade deste tema trataremos de reflexionar a través de dous discursos moi dispares que recollen diferentes concepcións políticas: a visión totalitaria (Hitler) e a visión democrática (Charles Chaplin):



lunes, 6 de junio de 2011

Cine e batallas

Cine, Documentais, Series de televisión, Literatura,... existen centos de exemplos ambientados no conflito armado máis grande e sangriento da historia: a Segunda Guerra Mundial.

O cine está cheo de exemplos (
algúns exemplos). E algúns deles xiran en torno a grandes batallas.

Durante a mundalización do conflito e a invasión da URSS destaca unha durísima batalla na fronte oriental: A batalla de Stalingrado, entre xuño de 1942 e febreiro de 1943. Os alemáns sufren a súa primeira derrota: non estaban preparados para o duro inverno ruso (o mesmo que xa sufrira o exército de napoleónico en 1812).
A película de
Stalingrado, que recrea esta batalla, conta con fragmentos que reflicten esta dureza.



O final da guerra e a vitoria aliada en Europa na fronte occidental ten unha data de inicio: o día D, o 6 de xuño de 1944, O desembarco de Normandía: as tropas aliadas desembarcan na costa francesa de Normandía e inician unha ofensiva ata chegar a París en Agosto.
Este episodio histórico da comezo ao film de Steven Spielberg Salvar ao soldado Ryan:


Propaganda de guerra

Durante a guerra Frank Capra dirixe unha serie documental, considerada unha obra maestra da propaganda de guerra, que trata de xustificar a entrada na guerra dos EEUU e a alianza coa URSS: Why We Figh (por que loitamos?). Este pequeno fragmento inicia o capítulo 2 da serie (O Ataque dos nazis) e nos sitúa no inicio da guerra e a súa primeira fase: A guerra lóstrego (1939-1941):

Clara Campoamor

En el año 1931, en España se proclama la Segunda República. En este contexto, las mujeres son elegibles pero no pueden votar. Clara Campoamor y Victoria Kent son las primeras mujeres diputadas que pisan las cortes y se plantean muy firmemente luchar por los derechos de la mujer. Clara Campoamor sabe que eso pasa por una primera y gran conquista: el voto femenino. A partir de este momento, su lucha no es nada fácil. Muy pronto encuentra su primer obstáculo: sus propios compañeros de partido, republicanos, de izquierdas, temen que las mujeres voten influenciadas por la iglesia y, por ello, a la derecha, así que le dan la espalda. Ese argumento se generaliza y hace que Clara Campoamor se vaya quedando sola en el parlamento en su defensa del sufragio universal. Después de una lucha constante, y después de múltiples traiciones, el 1 de diciembre de 1931, Campoamor consigue su objetivo: el voto para la mujer.
http://www.rtve.es/mediateca/videos/20100308/mujeres-historia-clara-campoamor/713371.shtml

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20110309/clara-campoamor-mujer-olvidada/1041185.shtml

lunes, 25 de abril de 2011

O cine ambientado na época de entreguerras

O cine é arte, o cine é un espectáculo de entretenemento e o cine é fonte audiovisual imprescindible para o estudo da historia contemporánea.

Cine que recrea a Revolución Rusa de 1905 e de 1917: Acorazado Potemkin e Outubro de Eisenstein.




Nos felices anos 20, o cine americano, producido maioritariamente en Hollywood, foi o que exportou o novo modo de vida (sociedade de consumo) a Europa. O cantor de jazz (1927) é a primeira película con diálogos sonoros da historia do cine.



A crise dos anos 30, "a gran depresión", tamén quedou reflectida en moitos films de anos posteriores. Destaco dúas películas: As uvas da ira -novela de J. Steinbeck levada ao cine por J. Ford- e, unha das miñas preferidas, The Purple Rose of Cairo de Woody Allen.







O ascenso do fascismo en Italia: Té con Mussolini...



Para finalizar, unha sátira do nacismo alemán: O gran ditador de Charles Chaplin...

jueves, 31 de marzo de 2011

Mapa dos Imperios Coloniais



a)    Por que continentes estenderon os seus dominios Europa, Estados Unidos e Xapón? África, Asia e Oceanía.

b)  Que potencias extraeuropeas participaron na expansión imperialista? Estados Unidos e Xapón.

c)  Que potencias europeas industrializadas foron os grandes imperios coloniais? Que territorios colonizaron?
·         Gran Bretena: Chipre, Malta, Santa Helena, Mauricio, Ceilán, illas Malvinas, Hong Kong, Exipto, Sudán, Uganda, Kenya, Rodesia, Nixeria, Serra Leoa, Gambia, Uniór Sufricana, Australia, In­dia e Canadá
·         Francia: Indochina, Marrocos, Guinea, Senegal, AIxeria, Tunisia, Chad, Madagascar e parte do Congo.
·         Alemaña: África do suroeste, África orien­tal e Camerún.
·         Bélxica: Congo.
·         Portugal: Angola e Mo­zambique.

d)    Por que motivo se celebrou a Conferencia de Berlín en 1885? Que se acordou? Para calmar as tensións entre as po­tencias europeas pola repartición do con­tinente africano. A repartición de África entre as principáis potencias europeas.

e)    Que estados europeos participaron na repartición do continente africano? E na conquista e colonización de Asia? Na repartición de África: Gran Bretaña, Francia, Alemana, Béixica, Italia, Por­tugal e España. Na colonización de Asia: Gran Bretaña, Francia, Holanda e Ru­sia.

f)     Que imperios coloniais modernos foron considerados imperios decadentes? Por que? España e Portugal. Porque durante os séculos XVI, XVII e XVIII foron dous grandes im­perios coloniais, pero no século XIX viron reducidos os seus dominios.

g)    Despois da perda de Cuba, Filipinas e Porto Rico, cales foron os dominios coloniais españois? O norte de Marrocos, Río de Ouro (Sa­hara) e Guinea española.

h)    Que área territorial ocupou Rusia? Asia central, Siberia.

i)     Por que territorios se estenderon os Estados de Alemaña, Italia e Bélxica?
·         Alemana: África.
·         Italia: Libia, Eritrea e Somalia.
·         Bélxica: Congo.
j)      Por que a expansión colonial creou friccións frecuentes entre as potencias? Porque chocaron os intereses das diversas potencias europeas.

domingo, 20 de marzo de 2011

Expedicións na época do colonialismo

Ata 1870, certos lugares do mundo eran practicamente descoñecidos para os europeos: Asia, Australia, África, a Antártida e as rexións polares.
O desenvolvemento industrial permitiu a realización de expedicións por parte de xeógrafos, exploradores, científicos e militares.
Expedicións como as que narra este tema de Mecano (Héroes De La Antártida) caracterizadas pola súa extrema dureza.
Para os máis interesados/as o protagonista é o Capitan Scott (explorador que dirixiu dúas expedicións á Antártida e ....)


CANCIONES CON HISTORIA - LOS HEROES DE LA ANTARTIDA from Aldea Irreductible on Vimeo.

miércoles, 9 de febrero de 2011

A guerra da Independencia (1808-1814) e GOYA

Un dos acontecemnetos máis relevantes e tristes da Historia de España no século XIX: A guerra da Independencia foi inmortalizado por Goya, un artista xenial, en varias das súas obras: Os fusilamentos do 3 de Maio, A Carga dos Mamelucos ou a serie dos Desastres da Guerra.


A familia de Carlos IV de Goya

viernes, 14 de enero de 2011

Tempos Modernos


Modern Times, 1936
PAÍS EEUU
DIRECTOR Charles Chaplin
GUIÓN Charles Chaplin
MÚSICA Charles Chaplin
FOTOGRAFÍA Rollie Totheroh & Ira Morgan (B&W)
REPARTO Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin,
Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan Garcia
PRODUCTORA United Artists

ALGÚNS DOS TEMAS REALCIONADOS COA 2ª REVOLUCÓN INDUSTRIAL QUE PODEMOS ATOPAR NO FILME: 
A fábrica  
Produción en serie   
Traballo en cadea   
Larga e monótona xornada laboral  
Avances tecnolóxicos: electricidade, automoción, navegación a vapor.  
Condicións de vida da clase traballadora (proletariado): vivendas infrahumanas, fame, abandono e analfabetismo 
A loita dos traballadores en defensa dos seus intereses (manifestacións, folgas ilegais, reivindicacións dos sindicatos)  
A organización da empresa capitalista