"La historia que se forja en la vida cotidiana no se puede comprender sin conocer el pasado"
El Estado del Mundo Junior de Akal

lunes, 29 de noviembre de 2010

Napoleón e Beethoven

Os ideais que defendeu, promoveu e espallou Napoleón por toda Europa (os ideais da Revolución Francesa: igualdade, liberdade e fraternidade) chegaron a ser fonte de inspiración para moitos artistas, entre eles o alemán Beethoven, que movido pola admiración inspirouse en Bonaparte para compoñer a súa terceira sinfonía, a que nun principio ía titular "Sinfonía Bonaparte", a que hoxe en día coñecemos coma "Eroica". Pica no seguinte enlace para saber máis desta historia:
http://www.gh.profes.net/archivo2.asp?id_contenido=46522
O último día de clase escoitamos: parte da 3ª sinfonía (o 2º movemento ou marcha funebre) e parte da 9ª sinfonía (Himno da Alegría, considerado o himno europeo dende 1985):



Os símbolos da Revolución Francesa que chegaron ata os nosos días

A Bandeira tricolor e a Marsellesa, dous símbolos que seguen a representar a Francia na actualidade, teñen a súa orixe na Revolución Francesa.
A Marsellesa, que acabou converténdose no himno nacional de Francia, foi composta durante a guerra que enfrontou a Francia revolucionaria coas potencias monárquicas europeas (Austria e Prusia) para alentar aos soldados franceses. O seu título orixinal era “Canción de guerra para o exercito do Rhin”.
Foi prohibida durante o Imperio e a Restauración, volveu a recuperarse na III República francesa e foi de novo prohibida durante a ocupación nazi na Segunda Guerra Mundial, converténdose nun símbolo da loita francesa contra a ocupación nazi.
No ano 1958 (nova constitución e V República) institúese como himno nacional da República Francesa.

Aquí vos deixo a letra, a música e unha escea de Casablanca onde aparece a Marsellesa:




martes, 9 de noviembre de 2010

A Revolución Francesa (1789-1799)

O documental de Canal Historia sobre a Revolución Francesa que estamos a ver en clase:


Podes ver este dumental cunha maior calidade, por capítulos, en you tube:

domingo, 7 de noviembre de 2010

Revolución Americana

O estado americano, actualmente potencia mundial, naceu a finais do século XVIII a raíz da primeira revolución de caracter liberal (era a primeira colonia que se liberaba do control da metrópole)...

Arte neoclásica

Un estilo artístico que xurde na segunda metade do século XVIII e que se estende ata principios do século XIX

martes, 5 de octubre de 2010

O século das luces

Unha pequena introdución animada sobre un dos principais aspectos do primeiro tema: A ILUSTRACIÓN, a difusión das novas ideas e o despotismo ilustrado.



Resposta a estas cuestións:
1. Cal é o "século das luces"?
2. Que cuestiona o movemento ilustrado?
3. Cita algún dos pensadores ilustrados máis representativos.
4. Que monarca ilustrado aparece na animación?
5. En que ano aparece o último tomo da Enciclopedia de Diderot?

lunes, 20 de septiembre de 2010

Podemos erradicar a pobreza antes do 2015?

















Erradicar a pobreza antes do ano 2015 a través dos Obxectivos do milenio para o desenvolvemento (ODM) é un reto ao que se comprometeron alá polo ano 2000 case todos os países (195) que conforman a ONU (Organización de Nacións Unidas).
A falta de 5 anos para o 2015 os obxectivos están moi lonxe de ser alcanzados. Por iso unha nova cume da ONU celebrada en New York, que comeza hoxe e que durará 3 días, intentará acordar unha axenda de medidas para lograr que se cumpran.

Consultade a nova nos seguintes enlaces:
http://www.rtve.es/noticias/20100919/onu-reune-mundo-para-enderezar-milenio/355200.shtml
http://www.un.org/es/mdg/summit2010/


A selección española de fútbol, La Roja, tamén está cos obxectivos do milenio:



http://www.rtve.es/mediateca/videos/20100916/roja-objetivos-del-milenio/878543.shtml


Informe Semanal: El mayor reto de Naciones Unidas