"La historia que se forja en la vida cotidiana no se puede comprender sin conocer el pasado"
El Estado del Mundo Junior de Akal

lunes, 29 de noviembre de 2010

Os símbolos da Revolución Francesa que chegaron ata os nosos días

A Bandeira tricolor e a Marsellesa, dous símbolos que seguen a representar a Francia na actualidade, teñen a súa orixe na Revolución Francesa.
A Marsellesa, que acabou converténdose no himno nacional de Francia, foi composta durante a guerra que enfrontou a Francia revolucionaria coas potencias monárquicas europeas (Austria e Prusia) para alentar aos soldados franceses. O seu título orixinal era “Canción de guerra para o exercito do Rhin”.
Foi prohibida durante o Imperio e a Restauración, volveu a recuperarse na III República francesa e foi de novo prohibida durante a ocupación nazi na Segunda Guerra Mundial, converténdose nun símbolo da loita francesa contra a ocupación nazi.
No ano 1958 (nova constitución e V República) institúese como himno nacional da República Francesa.

Aquí vos deixo a letra, a música e unha escea de Casablanca onde aparece a Marsellesa:




No hay comentarios:

Publicar un comentario