"La historia que se forja en la vida cotidiana no se puede comprender sin conocer el pasado"
El Estado del Mundo Junior de Akal

viernes, 14 de enero de 2011

Tempos Modernos


Modern Times, 1936
PAÍS EEUU
DIRECTOR Charles Chaplin
GUIÓN Charles Chaplin
MÚSICA Charles Chaplin
FOTOGRAFÍA Rollie Totheroh & Ira Morgan (B&W)
REPARTO Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin,
Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan Garcia
PRODUCTORA United Artists

ALGÚNS DOS TEMAS REALCIONADOS COA 2ª REVOLUCÓN INDUSTRIAL QUE PODEMOS ATOPAR NO FILME: 
A fábrica  
Produción en serie   
Traballo en cadea   
Larga e monótona xornada laboral  
Avances tecnolóxicos: electricidade, automoción, navegación a vapor.  
Condicións de vida da clase traballadora (proletariado): vivendas infrahumanas, fame, abandono e analfabetismo 
A loita dos traballadores en defensa dos seus intereses (manifestacións, folgas ilegais, reivindicacións dos sindicatos)  
A organización da empresa capitalista


lunes, 29 de noviembre de 2010

Napoleón e Beethoven

Os ideais que defendeu, promoveu e espallou Napoleón por toda Europa (os ideais da Revolución Francesa: igualdade, liberdade e fraternidade) chegaron a ser fonte de inspiración para moitos artistas, entre eles o alemán Beethoven, que movido pola admiración inspirouse en Bonaparte para compoñer a súa terceira sinfonía, a que nun principio ía titular "Sinfonía Bonaparte", a que hoxe en día coñecemos coma "Eroica". Pica no seguinte enlace para saber máis desta historia:
http://www.gh.profes.net/archivo2.asp?id_contenido=46522
O último día de clase escoitamos: parte da 3ª sinfonía (o 2º movemento ou marcha funebre) e parte da 9ª sinfonía (Himno da Alegría, considerado o himno europeo dende 1985):



Os símbolos da Revolución Francesa que chegaron ata os nosos días

A Bandeira tricolor e a Marsellesa, dous símbolos que seguen a representar a Francia na actualidade, teñen a súa orixe na Revolución Francesa.
A Marsellesa, que acabou converténdose no himno nacional de Francia, foi composta durante a guerra que enfrontou a Francia revolucionaria coas potencias monárquicas europeas (Austria e Prusia) para alentar aos soldados franceses. O seu título orixinal era “Canción de guerra para o exercito do Rhin”.
Foi prohibida durante o Imperio e a Restauración, volveu a recuperarse na III República francesa e foi de novo prohibida durante a ocupación nazi na Segunda Guerra Mundial, converténdose nun símbolo da loita francesa contra a ocupación nazi.
No ano 1958 (nova constitución e V República) institúese como himno nacional da República Francesa.

Aquí vos deixo a letra, a música e unha escea de Casablanca onde aparece a Marsellesa: